viernes 7/8/20

Un dos nosos

Como no filme de Scorsese hai momentos nos que tes que escoller

Como no filme de Scorsese hai momentos nos que tes que escoller entre o correcto e o oportuno. E a folga das auxiliares non só foi unha elección correcta senón que foi un acto heroico. 
Despois de que o Estado decidise liquidar o noso principal sector produtivo reducindo a súa carga de traballo até a extenuación e aplicando reestruturacións cada dez anos, o traballo nos estaleiros recaeu especialmente nas contratas externas. Esa privatización xunto coa falta de traballo provocou un deterioro constante das condicións laborais ante o que nunca se producira unha reivindicación tan contundente como a destes días. 
E si só ese feito pode considerarse épico, que se fixese baixo a cólera dunha empresa que pagamos todos e todas como Navantia e co silencio cómplice dunhas forzas políticas locais vergoñentas é a mostra da dignidade de todos aqueles que durante 20 días acudiron ás portas do estaleiro para pedir que se cumpra o acordado en 2001. E se neste mundo non existe a vitoria e o mellor que nos ofrecen é un bo lugar onde loitar deberiamos saber onde está ese lugar mentres fabricamos un novo.

Comentarios