domingo 21.07.2019

Terraplanismo ferrolán

O terraplanismo é unha teoría que asegura que a Terra é plana. Os seus seguidores non o son por analfabetos, sono porque rexeitan todo o que contradí os seus argumentos, crean falsidades e só aceptan os datos que os reafirman. O terraplanismo está en expansión e desenvólvese en todos os ámbitos e a política ferrolá non escapa a estas modas pese a que sigamos viendo la vida pasar. Son a expresión do terraplanismo ferrolá o feminismo que celebra as pepitas, o ateísmo de FeC que agasalla con diñeiro e museos públicos á Semana Santa, o socialismo do PSOE que defende as transnacionais en Emafesa, o sindicalismo estatal que non ve unha reestruturación no plan de Navantia que reduce en máis do 25% o plantel, o republicanismo dos que celebran a constitución do 155, a revolución dos que lle conservan os privilexios aos Franco –nicho incluído–, os demócratas que negan brutais agresións a independentistas en Ferrol, os que falan de estacións intermodais nunha cidade sen tren ou os que afirman que o BNG é o partido do non. E se es un defensor destas ideas tan insólitas como que a Terra está rodeada por un muro de xeo ou non podes refutar os seus argumentos deberías comezar a preocuparte. 

Terraplanismo ferrolán
Comentarios