TANTO E TANTO TE QUIXERON

Tanto te amaron que miraban de esguello cando abrazaches a Fraga no símbolo do canibalismo político que anunciou o teu futuro ou cando te resistías a moción de censura a causa do Prestige. Os nosos pais consentían as atonías do seu enfant terrible e desfrutaches dun amor enfermizo. Mais non somos eles, somos seus fillos os que non tendo un corazón tan grande, cando vendiches o deber á patria por un puñado de dólares decidimos non ir contigo.
Somos miúdos, berramos en silencio e temos moitas dúbidas sobre o noso futuro. Pero temos a dignidade precisa para saber que se ves á nosa Cidade para pedirnos que compartamos un goberno local continuador do PP é porque os teus donos che piden que o fagas. 
Mentres os partidos estatais que agora defendes como un títere de provincias negan a voz a un pobo sen sistema financeiro, sen política industrial, nin agraria, nin pesqueira e nin se poñen de acordo para derrotar ao PP. Mais, como Roma non paga traidores, xuntarnos, nunca máis penso!
 

TANTO E TANTO TE QUIXERON

Te puede interesar