Spanish History X

Cando alguén che levanta a man xa non hai nada máis que falar e romperlle os dedos a un pobo por querer votar é un punto sen retorno. Desde ese momento o Estado que emprega a violencia para reprimir á cidadanía armada con perigosas papeletas queda deslexitimado. E tras o domingo España perdeu o dereito a facer calquera xuízo sobre ninguén mentres non se cuestione que tipo de cultura política desenvolveu nas últimas décadas para que tras a represión do 1-O o seu presidente non só non pida desculpas senón que a xustifique.
Se o argumento final é a superioridade militar, policial ou xudicial só nos quedan dúas alternativas: ou aceptar a imposición ou a ruptura. E tras o 1-O unha institución democrática como o parlamento catalán, non só está lexitimada a actuar contra a represión, senón que ten a obriga de protexer ao pobo que representa. Por iso hoxe a independencia xa non é só a expresión da vontade dun pobo senón que supón o seu único mecanismo de defensa. E nós deberiamos empezar a pensar se podemos seguir vivindo na casa dun matón que o domingo tirou a careta.
 

Spanish History X

Te puede interesar