Solucións

ndesa abandona o carbón porque alguén lle permite producir con gas e lle paga millóns por iso  no canto de acometer a transición cara as renovables.
Alcoa pecha porque despois de que alguén lle agasallase unha empresa pública, millóns en subvencións e un prezo exclusivo da enerxía ninguén lle exixe nada.
Poligal deslocalízase porque alguén lle entregou millóns de euros públicos para montar as súas instalacións e ninguén lle obrigou a manter a produción en Narón.
Megasa quere bonificacións como as dos grandes consumidores de electricidade, aos que alguén concedeu unha tarifa baratísima a cambio de que paralicen o seu consumo se fose necesario. Algo que nunca aconteceu.
Navantia amortiza postos de traballo fóra e dentro porque alguén decidiu que Ferrol se adicase en exclusiva ao sector militar en ciclos decenais con anos de baleiro polo medio.
E non só nunca hai responsables de todo isto senón que as alternativas que nos venden pasan por máis do mesmo. Ninguén fala de suprimir os pagos por capacidade ao gas nin as primas por ininterrompibilidade e menos dunha tarifa eléctrica galega, de prohibir ás empresas receptoras de fondos públicos a súa deslocalización, de reverter as privatizacións ou de abrir dunha vez a construción naval ao ámbito civil.

Solucións

Te puede interesar