Sobre rodas

No 2010 a Xunta entregou directamente o transporte público ás mesmas empresas que o xestionaban até daquela.
As prórrogas supoñían non só a xestión do transporte regular senón que como agasallo outorgaban dereito preferencial sobre a guinda do pastel que era o transporte escolar. Todo encaixaba até que unha sentenza do TS en 2016 considerou estes contratos ilegais. Tras a sentenza, Ferrol, titular do servizo, no canto de recuperar a xestión sen ter que poñer un euro e demandar un novo modelo de transporte entregou de novo a xestión á Xunta. Así as empresas renunciaron ás concesións e a Xunta puido facer dúas cousas:
Unir as concesións nun só contrato superando os límites legais que impedían entregar o transporte escolar aos mesmos que posuían a xestión do transporte regular e xustificándose na urxencia, tras 7 anos de prórroga, desenvolver un proceso de adxudicación directa que entregará aos mesmos as concesións ás que renunciaron. Con esta solución tan creativa todo muda para que nada cambie pero acceder ao rural en bus seguirá a ser imposible.

Sobre rodas

Te puede interesar