SIGO SIENDO EL REY

Cuestionar a monarquía supón moito máis que cuestionar á persoa que a sustenta. O que para Suárez puido ser unha brincadeira para o establishment imperante supuxo unha ameaza. A coroa é garante da unidade de España, e isto non só ten consecuencias políticas senón que asegura o sistema económico no que vivimos determinado pola pertenza á UE dun Estado indivisible.
Os ataques centráronse na inoportunidade do debate e o certo é que a desastrosa xestión municipal non axuda a enfrontar estas acusacións que contrapuxeron as intencións do Alcalde coas dun dos tótems do seu movemento estatal. A Sra. Carmena deixou claro que o “proceso revolucionario” do que participa FeC non ten intención de cuestionar o actual marco político nin económico. 
Mais as pedras no camiño ensínannos que o noso destino é rodar e rodar e por iso, se o acontecido en Ferrol tivera detrás algo máis que irreverencia deberían ter claro quen é o seu aliado político e quen o seu rival.

SIGO SIENDO EL REY

Te puede interesar