Si yo fuera rico...

Gustaríame ter moitas vivendas e locais desocupados sen que os gobernantes me pedisen explicacións.
Desexaría non pagar IBI polos edificios que teño abandonados e que o concello repartise o diñeiro a dedo e me entregase 200.000 euros ao ano por ter unha exposición de barcos nun deses edificios.
Encantaríame que me re-cualificasen esas propiedades abandonadas e me permitisen abrir un novo centro comercial no corazón de Ferrol e construír máis vivendas a pesar de que o 20% das que hai están baleiras.
Anhelaría que me puxesen buses aos meus centros comerciais mentres os meus veciños suplican polo transporte no rural e polo bus ao hospital.
Desexaría, que se decido irme do centro da Cidade a un centro comercial con buses o Alcalde me pedise por favor que me quedase.
Entusiasmaríame que ademais de largarme e deixar o baixo baleiro ninguén me puxese un recargo por falta de actividade. E que os autónomos, que se esforzan día a día por manter o seu negocio aberto pagasen os mesmos impostos que eu por telo pechado. 
“Si yo fuera rico” non estaría mal que gobernase FeC.

Si yo fuera rico...

Te puede interesar