sábado 21.09.2019

Reverte, ti e eu

Apuños cando queiras. Quizais debería ser este lema ferrolán

Apuños cando queiras. Quizais debería ser este lema ferrolán o que pendurase das paredes da RAE porque sinceramente o voso é para que lle botedes un ollo. 
A vós, mercenarios da ranciedade e o facherío non vos parece suficiente vociferar contra o uso da linguaxe inclusiva en textos oficiais que insistides en empregar o uso dos topónimos galegos deturpados no franquismo e que non significan nada máis que “a ti te españolizo yo quieras o no”.
Seguramente sexa o temperamento incontrolable dun león que sufre como ninguén as afrentas contra o castelán ameazado pola imparable expansión do galego ou que fas novelas que semellan comics de Marvel a la española que te consideras o Cid Campeador do s. XXI e disparas contra todo o que se revele ante os privilexios que como cristián vello fanteseas che pertencen por un pasado glorioso de conquistas e saqueos. 
Non o sei, o que sei é que non te vas da RAE nin con auga quente porque todas estas discriminacións están a bo recaudo por parte dunha institución á que lle importa pouco que Sanjenjo non sexa máis que un invento produto da vosa enfermiza obstinación antigalega.
 

Reverte, ti e eu
Comentarios