RE/RACAMBIO

Que a proposta de modificación de taxas do goberno se limite a 3 das 42 existentes explica a súa superficialidade. Se ademais se mantén o valor xeral do IBI, o tipo do IAE polo que tributaría Navantia e os tramos da rodaxe con máis turismos, é claro que as modificacións son pura aparencia. Só desde a desidia, a falla de imaxinación e a interiorizada e evidente dependencia do Estado do goberno se entende que non afronten o verdadeiro problema de ingresos da Cidade. Nin unha soa mención á necesidade de que o Ministerio de Defensa pague IBI, que a Igrexa tamén o faga, ou que deroguemos a taxa de depuración e o Estado asuma o custe dunha infraestrutura da súa competencia. Mentres, o Sr. Suárez perpetúa os incrementos das taxas por expedición de documentos, bombeiros, recollida de lixo ou saneamento aprobados polo PP. Se a fiscalidade, un dos piares da política local, permanece invariable é boa proba de que estamos ante un goberno que máis que un cambio supón un simple recambio.
 

RE/RACAMBIO

Te puede interesar