QUEN TEME AO NACIONALISMO?

Non é o mesmo recoñecer os dereitos que reclamalos. Por exemplo, a diferenza entre España e Inglaterra está no feito de que Inglaterra recoñece o dereito de Escocia a decidir por ela mesma, dereito que non reclama mentres España, nin o reclama nin o recoñece. Que o inglés recoñeza o dereito do escocés a exercer como tal é un avance democrático, pero se o escocés se considera escocés o lóxico é que reclame o seu dereito a exercer como tal e que non se limite a recoñecer que poderá exercelo en función da xenerosidade inglesa. Por iso os dereitos desta cidade temos que reclamalos desde aquí. Limitarnos aos lugares comúns onde nos podemos atopar todos e todas, incluso o PP, que baseou a súa campaña na estabilidade do goberno é resignarnos a que outros tracen o noso destino.  O obxectivo é mudar a cidade desde a veciñanza, e os gobernos, estables ou non, son un mero instrumento nunha sociedade onde as institucións representan a unha parte de si mesma.

 

QUEN TEME AO NACIONALISMO?

Te puede interesar