PORQUE, PORQUE...

Por que tras 10 meses de goberno nos abandonades cada tarde de xoves a fin de mes? Por que non vos importa deixarnos sós en cada pleno na defensa da xestión pública dos servizos municipais? Por que non tedes desenvolvido o documento que xustifique o servizo de subministro eléctrico como de interese público nin calculado as indemnizacións que corresponderían para reverter a vaga privatizadora do PP á que dades continuidade para os próximos 15 anos? Por que non tedes rachado a encomenda de xestión da EDAR con Eafesa se afirmastes que nunca depurou e por tanto é manifesto o incumprimento do contrato? Por que se o Plan de Transporte Metropolitano remata este ano e as concesións das liñas ás empresas que prorrogou a Xunta están anuladas polo Tribunal Supremo pretendedes renovalas no canto de crear unha empresa pública de transporte que adapte o servizo ás necesidades da xente e non das empresas? Quizais, quizais, é que nos mentides cando nos dicides que non se pode facer nada máis.
 

PORQUE, PORQUE...

Te puede interesar