OXÍMORON

A soberanía é o centro do debate político mundial. Grecia quere recuperala. Catalunya quere gañala. España impoñela. China pide respecto á súa mentres Rusia acusa a Occidente de secuestrala en Ucraína e Bolivia ou Ecuador deféndena ante EEUU. 
A dialéctica do séc. XXI é o conflito imperialismo-nacionalismo, que fagocitou a simplificación caduca dereita-esquerda. Mais aquí, a modo de oxímoron, mentres se defende a soberanía grega para traizoala, dísenos que o galego non é un problema de soberanía. Que un pobo sen moeda, sen sistema financeiro, sen política industrial, nin agraria, nin pesqueira debe renunciar a ter voz propia para se entregar a algo “superior” con guión ou sen el, nun ascenso divino. Aos gregos enganáronnos, de nós búrlanse. Se o epicentro político está na capacidade de decisión dos pobos, renunciar a este dereito é renunciar a existir. Pero tan raros feitos vense neste mundo de trampa que eu dicir non digo nada, pero vaia! 
 

OXÍMORON

Te puede interesar