O que os orzamentos esconden

Pagaremos máis de 2 millóns de euros por rescatar Emafesa e reparar a EDAR, medio millón á Xunta para que siga desmantelando o transporte público na Cidade, un millón ao Mº de Fomento polas obras de saneamento de responsabilidade estatal. Cobrarémoslles aos veciños por galpóns e galiñeiros mentres o Mº de Defensa seguirá sen pagar polo Sánchez Aguilera nin a Igrexa polo aparcadoiro de Caranza. Os bombeiros seguirán co seu precario convenio anual, librarémonos do servizo de lixo e de subministro eléctrico con contratos ponte até pasado 2019 e con eles a municipalización esmorecerá. Recimil, Ferrol Vello ou a Magdalena seguirán sen rehabilitarse e seguiremos asignando subvencións a dedo con convenios nominativos. A pesar da gravidade destas decisións non escoitarán a mínima crítica de PP e PSOE senón que contribuirán ao seu silenciamento. Centrarán a súa queixa na irresponsabilidade de achegar un documento incompleto tras 18 meses de goberno ao tempo que comezarán a negociar o reparto das migallas. 
 

O que os orzamentos esconden

Te puede interesar