Orzamentos 2020

A austeridade económica desenvolvese sobre a base de tres variables. A redución do gasto público, as privatizacións e o incremento da presión fiscal sobre a veciñanza.

Os 12,2M de investimentos recollidos nos orzamentos de 2020 inciden sobre o primeiro dos aspectos e en Ferrol supón rachar coa agonía dos últimos 8 anos desenvolvida por PP e FeC pero en nada inflúen nas outras variables.

As privatizacións seguen a ser a maneira preferida polo goberno para xestionar os servizos municipais como o guindastre ou o lixo, promovendo o adelgazamento da administración local. Do mesmo modo, os pagos retroactivos como os do saneamento ou as taxas sobredimensiondas como as do lixo seguen a definir a política fiscal do concello mentres que administracións públicas e grandes empresas non pagan os tributos que lles corresponden na cidade.

E o que nos debería levar á reflexión é que si non era certo o que até agora se nos vendeu como verdade universal para xustificar a redución do gasto público quizais a municipalización de servizos ou cobrarlle os tributos a quen realmente ten obriga de pagalos son decisións que si non se adoptan é porque realmente non se quere.

Orzamentos 2020

Te puede interesar