Orzamento Pinocho

Que os orzamentos de 2017 se aprobasen ou non, por desgraza era intranscendente economicamente pero non así politicamente.
Por unha parte porque os argumentos de FeC son falsos: o superávit e a oferta de emprego non dependen do proxecto de orzamentos. 
E por outra porque consolidaban o austericidio económico do PP no anterior mandato: contracción do gasto público con investimentos ridículos, incremento da contratación externa como método de privatización e ratificación dunha política clientelar repartindo o diñeiro a dedo a través de subvencións nominativas. Ademais a redución do gasto non implicaba rebaixar a presión fiscal senón o contrario, ao incorporar o “catastrazo” e a taxa do PP para EMAFESA.
Pero politicamente FeC e PP tras pactar a taxa de depuración tiñan que marcar distancias.
Así é que o PP afirmou que os orzamentos de 2017 eran os mesmos que os de 2015 pero que a pesar diso votaría en contra. Para FeC e PP esta decisión era perfecta xa que poderían seguir aplicando a mesma política económica que até agora, fose coa prórroga dos de 2015 fose cos de 2017 e escenificar o contrario.

Orzamento Pinocho

Te puede interesar