viernes 7/8/20

Onde o ceo é sempre gris?

Non sei se o “brexit” condicionou o resultado das eleccións

Non sei se o “brexit” condicionou o resultado das eleccións pero si colleu aos partidos estatais co pé cambiado que ante a obvia pregunta responderon cun rotundo: Eh... A UE impuxo o austericidio económico, o rescate financeiro e a política de recortes pero nin PP, PSOE, C´s ou Podemos cuestionaron o euro e centraron o debate na intensidade destas medidas e non no seu rexeitamento. A UE non é máis que un modelo económico do sistema capitalista na fase máis agresiva que alguén chamou imperialista, antónimo de nacionalista. Vemos sinais dunha situación insostible: A crise grega, o muro virtual pactado con Turquía, a espantada noruega ou o conflito catalán. E o silencio da esquerda eurocéntrica explica que sen diferenzas ideolóxicas a xente prefire o orixinal á copia. As cousas suceden onde menos se agarda. A revolución bolxevique non tivo lugar en Alemaña, o “grexit” non aconteceu en Atenas e aquí... hai máis motivos para a esperanza desde a Complutense que desde o País onde o ceo é sempre gris?

Comentarios