O BNG é Galiza

O presidente da Xunta, despois de comprender a entidade dos acordos acadados polo BNG na conformación do novo goberno do Estado e comprobar que o deixaban co cu ao aire, afirmou que: “O BNG non é Galiza, o BNG ten un só deputado”.

E quizais desde un punto de vista cuantitativo non lle falte razón dado que ninguén nega que o número de deputados e deputadas non nacionalistas escollidos nas circunscricións galegas supera con moito aos de deputados e deputadas nacionalistas.

Mais na práctica bastaron escasos meses de presenza dun deputado do BNG para que cuestións fundamentais para os galegos e galegas que permanecían esquecidas polos representantes do resto de organizacións políticas e silenciadas polo goberno da Xunta fosen non só recordadas senón resoltas, cando menos parcialmente.

Por iso por moito que o presidente da Xunta afirme que o BNG non é Galiza a presenza do BNG no congreso demostra que a ausencia desta formación en Madrid implica a ausencia de Galiza e que se cun único deputado avanzamos substancialmente imaxinade o que poderiamos acadar cunha representación maioritaria de deputados e deputadas galegas.

O BNG é Galiza

Te puede interesar