NÓS, OS INADAPTADOS

Que non virá de fóra remedio nin esperanza, xa o anunciaba a Xeración Nós antes de que Celso Emilio o verbalizase.  E se o PP proclama que a próxima lexislatura será aquela na que irá en serio, non cabe máis que preguntarse se o acontecido até hoxe era todo unha broma. Se En Marea/ Podemos afirma que o cambio xa non hai quen o pare, cando a palabra leite non aparece unha soa vez no seu programa electoral é obvio que ese cambio nada ten que ver coa nosa realidade. E se o PSOE o que está a avalar é un futuro para as maiorías é claro que nesa utopía socialdemócrata non temos sitio e que teremos que buscalo por nós mesmos. Nós, os inadaptados. Os rebeldes, os belixerantes, os poetas, as traballadoras do metal, os gandeiros, as pescadoras, os labregos, os raros e as raras, os diferentes, as resistentes, os mariscadores, os emigrantes retornados, os preferentistas, Nós os galegos e as galegas. Eles somos Nós, porque este soño é necesario para un soño.
 

NÓS, OS INADAPTADOS

Te puede interesar