Non se meta en política

Haga como yo, advertía o franquismo en boca do ditador co fin de afastar á xente da política. Unha máxima que resiste o paso do tempo como nunca e que políticos e políticas da Cidade fan súa coma sempre.
No último pleno municipal FeC asegurou que a recuperación do barrio de San Pablo non é política pese a contar con vivendas en ruína propiedade da Xunta. Argumento compartido por C´s que afirmou que a falla de desbroces e por tanto o abandono do rural non é política pese a  responsabilidade das administracións na desertización do rural galego onde se ubican 30.000 dos 60.000 núcleos de poboación do Estado. E por suposto, o PP asegurou que o saneamento da ría e o novo convenio con Augas de Galicia non é política pese a seguir baseándose no anacronismo de depurar auga de chuvia e impoñernos novas cargas económicas.
É como para escarallarse de risa que estes políticos e políticas afirmen que non fan política, se non fose tan triste ver como intentan manipular para impoñer o seu criterio silenciando a raíz dos problemas e facer que o obxectivo do ditador siga tan vivo.

Non se meta en política

Te puede interesar