viernes 7/8/20

Money, money

OO noso presidente vén de subirse o salario nun 7.5% e o dos seus colaboradores 

OO noso presidente vén de subirse o salario nun 7.5% e o dos seus colaboradores nun 7%. Faino porque “el lo vale”. Gañou con maioría absoluta e isto é un merecido aguinaldo.  A diferenza de medio punto respecto dos seus colegas evidencia que el é único, por riba de seres mundanos pero tamén por riba dos que o rodean, que en calquera caso recibirán o seu premio polo traballo ben feito.
Para o pobo nada e para a oposición menos, “no esta en la agenda”, que a política está moi mal vista e a xente non entende que os vagos culpables da situación actual cobren tales emolumentos (el non é político, é o presidente). Que se atreva a facelo na realidade económica actual engade outra idea: farei o que me pete coa anuencia de todos.
Quen o cuestione será cualificado de demagogo e eu aceptaría este argumento respecto da persoa que debe xestionar 9.000 millóns de euros anuais se non fose unha mostra tan evidente do exceso de poder. Ou se cando menos incrementase o salario mínimo en Galiza nesa porcentaxe.

Comentarios