MALDICIÓN DE MALINCHE

Que o actual alcalde confíe o futuro do Naval ao ámbito militar días antes de sabermos que os estaleiros galegos son excluídos da produción civil dos petroleiros demostra que fixo falla pouco para que o novo rexedor actuase como o vello. Ao ditado dun deseño de Estado para o Naval no que nunca tivemos sitio. Se o PP falou de gaseiros mentres baleiraba as gradas agora aliméntase a fantasía das BAC australianas mentres se nos exclúe da produción civil. A falla de competitividade con Corea que Holanda descoñece, a seguridade do nicho militar para xustificar o veto ou a solidariedade dirección Sur do proletariado español que non coreano, son algúns dos enganos alimentados desde dentro e que impoñen sobre nós unha maldición que asinaron o Alcalde saínte e o entrante. Hipócritas, que como na canción, se amosan humildes ante o estranxeiro e soberbios cos seus irmáns do pobo. Maldición de Malinche, pregúntome cando deixarás a miña terra e farás libre a miña xente.
 

MALDICIÓN DE MALINCHE

Te puede interesar