LEITE AGRE

Se o pasean a un polo país poden chegar a convencelo de que a miseria galega é produto da fatalidade ou incluso do carácter galego submiso e resignado. Mais sempre me sorprendeu a vontade e iniciativa que desde o agro galego se desenvolveu para construír unha industria ao redor do leite sen axuda institucional e de modo autorganizado. Fronte a este ímpeto que racha calquera prexuízo España non dubidou en poñer aos pés dos cabalos este sector e aceptou a chantaxe da UE para impoñer límites a modo de cotas a esta produción e protexer as explotacións centroeuropeas subvencionadas e modernizadas. Aínda así reaximos mercando cota a prezos exorbitados fóra das nosas fronteiras. Agora coas explotacións reducidas e sen amparo institucional decidiuse “liberalizar” o mercado e eliminar unhas cotas que supoñen enfrontar directamente a un labrego galego escuálido, sen adestramento nen motivación con un titán europeo protexido polos seus Estados e listo para o combate.
 

LEITE AGRE

Te puede interesar