miércoles 12/8/20

Kwai ou Santa Mariña

avid Lean puido ter escollido Santa Mariña para rodar o seu filme

avid Lean puido ter escollido Santa Mariña para rodar o seu filme A ponte sobre o río Kwai dado que semella unha labor tan ímproba a construción da ponte da película como a de Santa Mariña.
A Santa Mariña e ao Ensanche sepáraos o trazado da vía dun tren de hai cen anos. Un trazado que o Estado non quere renovar e sobre o que non acometerá ningún traballo de reparación senón se lle exixe. Así os veciños levan anos sendo testemuñas do deterioro do muro de contención que acompaña ao tren ao seu paso polos barrios e da pasarela que os conectaba de maneira precaria. 
Hoxe a pasarela é unha ruína e a rúa paralela á vía férrea está pechada ao tráfico e xa ameaza a seguridade dos viandantes. Pero no canto de contar con gobernos locais que resolvan esta situación sofren gobernos cómplices que xa non saben que escusa inventar para non executar a histórica demanda veciñal.
Como senón se explica que o Mº de Fomento non teña un só requirimento do actual goberno nin do anterior sobre a súa obriga de reparar o muro? Como se explica que tras tantos anos nin PP nin FeC teñan elaborado o proxecto da pasarela peonil?

Comentarios