Investidura

Diálogo é a palabra de moda da política actual e a suposta solución ao existencialismo postmoderno pero para poder dialogar compre estar sentado na mesa, do contrario simplemente non existes. Galiza recuperou a cadeira que deixara baleira 4 anos atrás e compre agora sacar temas de conversación para poder chegar a algún lugar. 

Quizais o sistema de financiamento deba ser un dos nosos principais debates de cara a próxima lexislatura. Detrás deste debate está o que hoxe acontece en Cataluña e detrás da súa ausencia está o oportunismo de Feijoó para cuestionar a débeda orzamentaria do Estado cos galegos e galegas sen discutir a causa que a provoca.

Ao seu redor conflúen a vertente máis pragmática e a vertente máis teórica da política actual. 

Por unha parte falaríamos do máis concreto e tanxible, falaríamos de cartos cos que construír autoestradas, colexios e hospitais. Por outra, falaríamos do máis abstracto e teórico, falaríamos de como nos organizamos politicamente, falaríamos de porque pese a que na realidade somos nós quen financia ao Estado, aos constitucionalistas, eufemismo de españolistas, lles vai a vida en asegurar que aquí sobrevivimos grazas á “solidariedade” do Estado.

Investidura

Te puede interesar