Internacionalismo puro e duro

Para a esquerda española o internacionalismo solidario que supostamente forma parte do seu ADN debe rematar nos Pirineos ou no Penón de Xibraltar, depende.  Se falamos de dereitos políticos, segundo eles só existen para os que xa os teñen, e dicir, España e por tanto se se trata de defender a república coa boca pequena, esta debe ser española, por suposto. A que veñen novas fronteiras nos Ancares ou en Cataluña cando xa a temos nos Pirineos, como se o mesmo Deus gravase esa liña a lume democrático.
Pero se falamos de solidariedade os límites tamén son claros e que Arabia Saudí aniquile iemenís con corvetas españolas é secundario diante da fronteira xibraltareña que nos separa a europeos civilizados de bárbaros africanos. 
Comparten criterio coa dereita española para quen nin os cataláns teñen dereito ao que teñen os españois nin que as corvetas que venderon a Venezuela sexan as que agora pretenden fabricar para Arabia impide que poñan a parir a Maduro e bendigan ao réxime Saudí: “non é nada persoal, son negocios”. 
Mentres aquí seguimos sen ter dereito nin a dicir esta boca é miña e fala galego nin a fabricar buques que non sexan militares. Porque tanto esquerda como dereita española teñen claro que se as fronteiras non se tocan que os estaleiros galegos se adiquen ao sector civil tampouco.

Internacionalismo puro e duro

Te puede interesar