Imperio de lixo

En 2015 Rey Varela deixou previsto un contrato para a recollida de lixo por valor de 8 millóns de euros anuais baseado en reducir os custes laborais, aumentar o gasto en queimar residuos, mercar novos camións e obviar a compostaxe para grande alegría de Sogama e as concesionarias. Fíxoo irregularmente mediante un contrato por 10 anos cando o límite legal eran 4 e cunha prórroga infinita hoxe anulada do contrato existente que provocou que paguemos contra factura a Urbaser por non ter contrato en vigor. Co tempo o PP decidiu dar un paso máis. Comezou a votar en contra do pago desas facturas e presentou unha moción coa intención de forzar a aprobación do contrato que deixara preparado Rey Varela. Curiosamente FeC, PP e PSOE acordaron dar un trato singular a esta proposta e sometérona ao ditame dos funcionarios previo ao debate plenario coa esperanza de que lles fixeran o traballo sucio e afirmasen que non había máis opción que aprobala. Pero para a súa sorpresa os informes foron contundentes: o contrato era nulo. De súpeto a moción do PP desapareceu da escena e se seguisen gobernando este contrato irregular teríase aprobado. Pero que FeC despois de 3 anos e tras lavarlle a cara ao Sr. Rey Varela nos diga que a solución pasa por negociar co PP sona xa a burla.

Imperio de lixo

Te puede interesar