E SE FUNCIONA, PAGAMOS?

Cobrar unha taxa de saneamento por un servizo que non funciona é a mostra dun Alcalde afastado da veciñanza e só preocupado por agradar aos dirixentes de Madrid. Pero ademais deste disparate, o incompresible é saber como as organizacións estatais pensan que vai a funcionar un saneamento se temos que pagar os ferroláns unha obra estatal e o seu mantemento cando non temos diñeiro porque o Estado non paga impostos na cidade. O grave é asumir barreiras artificiais inútiles como o Peirao Carboeiro ou outras novas como o viaduto de acceso ao Porto Exterior que impiden a rexeneración natural da ría. O sorprendente é que no canto de investir en limpar os lodos da ría para recuperar as especies gastemos millóns de euros nunha batea artificial que provoca perdas nas confrarías. Exixir do Estado que pague o saneamento, que elimine barreiras inútiles e a limpeza dos fondos supón asumir a recuperación da ría máis aló dun slogan no que ao final sempre pagamos nós.

 

E SE FUNCIONA, PAGAMOS?

Te puede interesar