Fire

Xa antes de incorporarme ao mercado laboral era consciente das dificultades que tería para poder desenvolverme profesionalmente. E máis se tiña intención de manter certo criterio propio no traballo. Por iso barruntaba coa idea de “xubilarme” cedo. Simplemente pensaba en ter suficiente diñeiro para poder traballar nos proxectos que quixese. Co tempo fixen o cálculo de canto precisaría para poder levar adiante esa idea e a cifra rondaba os 0,7M de euros. Pensaba en recorrer aos depósitos bancarios que tiñan daquela unha alta rendibilidade e eran seguros. 

A intención inicial foise contaminando e aínda que a felicidade nietzschiana da liña recta nunca foi a miña maior virtude manter a independencia profesional e económica segue a parecerme prioritario.

Todo isto vén ao caso porque estes días lin en diferentes xornais ao redor dun movemento chamado FIRE que insta á mocidade a aforrar tanto que poidan deixar de traballar. Despois de googlear o termo atopei que a primeira entrada pertencía ao BBVA!. Pese a supostamente ser contrario ao seus intereses animaban a aforrar todo o que puideras nos primeiros anos de traballo. Despois deberías buscar un bo investimento que multiplicase eses aforros e por suposto, aí estaban eles para botarche unha man. 

Fire

Te puede interesar