Farlopa para a tropa

spaña sería unha especie de verxel senón fose porque os galegos e galegas a inundamos de fascistas e toneladas de farlopa. Porque xa sabemos que en Valencia ou Andalucía levan décadas gobernando os bolxeviques e os supermercados da droga non rodean á capital do Estado.
Aínda así este é o retrato que unha satírica revista madrileña fixo dos galegos e galegas hai unhas semanas. A mesma publicación que cualifica, por deus!, aos madrileños de chulos e aos cataláns de fanfarróns considéranos un pobo de fachas e narcotraficantes que ninguén contradí. E se por un casual uns guiñoles franceses retratasen a Rajoy como un mendigo ou se burlasen dos deportistas españois por doparse aínda que fose con subministro galego seguramente provocaría a mesma indiferenza.
Porque o problema non está en que se rían dun pobo polos seus defectos que ademais non o son, senón en que esa burla só é tolerada nunha dirección e sen que nela asome a mínima virtude. Pero xa o dicía unha nena que estes días paseaba por unha praia da costa galega: “é que os de Madrid non che entenden o galego”.
 

Farlopa para a tropa

Te puede interesar