EU RENAZO GALEGO

Vivimos nun mundo onde a complexidade tecnolóxica cohabita co arcaísmo social. No que o poder establecido tivo o descaro de titular a un programa de televisión como Gran Hermano, afirmando sen pudor que a profecía de 1984 era unha realidade. No que semella que o novo presidente do goberno do Estado se decide nun plató de televisión no que os ausentes non existen. Ese mundo bate de fronte coa realidade que vivimos día a día e que nunca será trending topic nin un fenómeno viral do facebook.Esa realidade é a nosa, a que queremos mudar enfrontándonos á inercia do pragmatismo, incapaz de mudala porque a acepta. Esa é a nosa realidade, a do leite, a do peixe e a dos barcos. Porque está claro que hai que inventar o futuro, que hai que buscar permanentemente novos camiños para transformar os “imposibles” de hoxe en “posibles” de mañá. E sen coñecer exactamente cal será o camiño do noso renacer sei que será como galegos e galegas.

EU RENAZO GALEGO

Te puede interesar