Encallado

res días despois do embarrancamento do Blue Star alí segue ancorado. Mentres a actitude relaxada do Estado demostra que pouco temos avanzado en 17 anos. É incompresible que non se considerase o combustible do quimiqueiro un perigo medioambiental até que a empresa armadora decidiu facerse cargo do rescate. Como tamén o é que desde ese momento o Ministerio de Fomento decida desentenderse do buque e este poida permanecer varado sine die.
Sobre todo porque Galiza ten sufrido oito episodios de vertidos de petróleo e produtos químicos desde 1965. É a costa do mundo co maior número de accidentes deste tipo e pese a isto as decisións sobre como actuar diante de acontecementos como o do Blue Star, que por sorte ía baleiro seguen a tomarse a 600km. de distancia e con pouca claridade. 
O peor é que 17 anos despois do Prestige nada temos avanzado para prever e evitar que situacións como estas poidan acontecer. En materia de seguridade marítima seguimos a depender do “azar” porque o Estado prima a liberdade de navegación fronte á protección do medio ambiente e non ten establecido protocolos claros e concisos que eviten que buques coma este rematen encallando.

Encallado

Te puede interesar