La dolce vita

Tras a experiencia española, Italia decidiu rexeitar o control europeo para rescatar aos seus bancos e que aquí supuxo o austericidio económico no que primeiro se paga e despois se atende á xente. A usurera UE quere que os italianos lle pidan os cartos a ela para impoñer as súas condicións de devolución; Obrigando aos italianos a pagar a débeda dos bancos para despois malvendelos, a vender todo o patrimonio público rendible economicamente e a desmantelar os sectores produtivos que considere. Desde o submiso cuatripartidismo español se garda silencio en pleno á espera da benevolencia coas sancións por incumprir o déficit do matón europeo que nin Francia nin Alemaña padeceron. Aínda así, en Ferrol haberá quen despois de que Italia inxecte 40.000 M públicos na súa banca privada e se nos vete no sector civil, xustifique o peche dos estaleiros da ría se o Estado inxecta diñeiro público a unha Navantia en quebra porque dirán que son axudas ilegais. E mentres desfrutarán da dolce vita institucional.

La dolce vita

Te puede interesar