Divertimento

Un día calquera, dunha cidade calquera reúnese o equipo de Goberno para planificar o día coa proposta do presidente da mesa:
-A idea principal que temos que transmitir é que imos facer marabillas no futuro pero que por agora non podemos porque a maldade do nacionalismo non ten límites e presenta mocións para que a electricidade municipal sexa iso, municipal! 
Un dos asistentes afirma: Levan meses co tema. Xa lles dixemos que non. Que insolencia! A súa compañeira asinte:
-Que corazón máis escuro. Menos mal que estamos nós e o partido azul para defender os intereses da veciñanza e opoñernos á proposta.
-Coitados! 
-Ben, que dicimos hoxe, que peonalizamos a Cidade ou que municipalizamos a auga?
-Non sei, para hoxe xa acordamos co partido azul o debate de campaña. Quedamos en tirarnos os trastos a cabeza pola contratación dos asesores. Dicimos que eles fan o mesmo ca nós e con iso debería ser suficiente.
-Listo entón, cantos meses dicías que quedan para as eleccións?
 

Divertimento

Te puede interesar