DE DEUSES E GALEG@S

Nestes días un suposto goberno laico elimina un símbolo como a Biblia dun acto institucional, cando no fondo continuaremos a financiar actos relixiosos con diñeiro público. Levar o debate ao ámbito das aparencias non parece a mellor opción, pero mentres isto acontece, outros temas non acadan nin ese nivel. Que no mesmo acto non se asuman nin as cuestións de tipo formal respecto da lingua é exemplo de que existen temas tabú para a “esquerda” estatal. A cuestión da lingua é só un deles nunha cidade chea de silencios baseados na resignación para impedir que nada cambie, e dos que a situación do sector naval é un exemplo paradigmático. Eu négome a asumir as “recomendacións” de ser pragmático mentres agardo pola caridade estatal. E estou seguro que desde a independencia de criterio político seremos capaces de romper con eses temas proscritos e facer que nesta Cidade deixe de ser máis difícil ser galego que non crer en Deus.

 

DE DEUSES E GALEG@S

Te puede interesar