DAVID CONTRA GOLIAT

O establishment político español segue co mesmo esquema de esquerda e dereita de sempre, mudando, iso si, aos actores dado que o bipartidismo tradicional está en quebra.
Pola contra, a maioría de nós pensamos en termos de vivenda, emprego, servizos, salarios ou fillos. Aos galegos e galegas que nos prohiben cultivar, producir leite ou facer barcos, dísenos que non nos temos que enfadar co Estado que nos impuxo estas limitacións, senón coa troika, que no fondo non é mais que un trineo. O feito é que estamos ou eles ou nós. Eles, son o abano de forzas estatais, diferentes, pero cun aspecto común, nunca cuestionaran a xerarquía e dependencia da “troika” madrileña.
Nós, desde aquí, temos un traballo duro, obrigar aos seus delegados na cidade a actuar en función dos intereses de Ferrol e non dos de Madrid.
É obvio que no seu inicio é unha loita desequilibrada pero sempre me gustou o papel de David fronte a Goliat.

DAVID CONTRA GOLIAT

Te puede interesar