O COELLO E O ELEFANTE

En que se parece un coello a un elefante? Que existen opcións políticas estatais diferentes é un feito. Que existe unha alternativa galega tamén, pero, en que se parecen e en que se diferencian?
A realidade é que mentres os partidos estatais coinciden en tres cuestións chave para a cidade como o saneamento, os terreos de defensa e o sector naval, eu non comprendo por que é máis beneficioso para o pobo ter que pagar unha obra de saneamento que debe pagar o Estado, en que beneficia aos comerciantes autónomos un novo centro comercial no Sánchez Aguilera que “compense” a Defensa, ou porque se delega na representación sindical e política madrileña o futuro dos estaleiros da ría. Os feitos amósanme que só se pode defender ás maiorías sociais desde a realidade, e que no noso caso resultou ser galega, polo que só podo pensar que o parecido entre unha opción estatal e unha galega e o mesmo que entre un coello e un elefante.

 

O COELLO E O ELEFANTE

Te puede interesar