Cibernavantia

Non hai conversación sobre o futuro da Cidade na que o argumento da diversificación industrial non saia a colación. O certo é que Ferrolterra nunca tivo maior diversificación industrial que cando os estaleiros producían, mais é curioso que non se razoe do mesmo modo para reivindicar que limitarnos ao monocultivo militar é suicida . Agora, como se de ciencia ficción se tratase, dísenos que o problema dos estaleiros é de xestión intelixente. Que a súa solución está en seguir a senda das smart factories no que se deu en chamar a Navantia 4.0 e que ten o seu trasunto político en centrar o problema na nefasta dirección da empresa.
Mentres no Sur renegociaron os acordos para aumentar a súa carga de traballo e farán o último petroleiro integramente alí. Aquí enmudecidos seguimos soñando con ovellas mecánicas cando os traballadores das auxiliares traballarán máis barato que en Andalucía e contarán con menos carga de traballo sen dar saído do gueto da produción militar.
 

Cibernavantia

Te puede interesar