Bidelberg de xubilados

Tivo lugar nestes días de atrás na vila de Cedeira con grande suceso o encontro anual de representantes de diferentes sectores significativos da sociedade española. Mariano Rajoy, ex-presidente do goberno e representante da dereita española xunto a Francisco Vázquez, ex-embaixador no Vaticano en nome da esquerda española e que curiosamente se exclúe de todas as crónicas deste evento, será porque é do PSOE?
Xunto ás dúas facianas do poder político coñecido nesta galaxia atopábase unha representación do poder económico na figura de Florentino Pérez e do poder mediático na figura de Bieito Rubido director do ABC. Algúns argumentarán o dereito a alimentación destes personaxes e non serei eu o que lles negue un dereito básico recoñecido pola ONU. Aínda que o obxectivo do encontro imaxino que non sería satisfacer a necesidade máis básica do ser humano. Porque se algo demostra esta reunión do clube de Bidelberg en versión española é a relación íntima entre o poder político, o económico e o mediático. E falamos de xubilados, imaxinen que discutirán os representantes en activo.

Bidelberg de xubilados

Te puede interesar