Barcos de papel

Navantia que non ten persoal e ten que recorrer aos traballadores e traballadoras da industria auxiliar para facer o pouco traballo que ten na Cidade pretende cargarse o 25% dos postos de traballo da empresa, como mínimo. Pero non vos preocupedes que despois de cargarse 4.000 postos de traballo na industria auxiliar, de baleirar as gradas dos estaleiros galegos de construción civil, de prometer gaseiros, petroleiros, floteis e a contratación das F110 desde que o mundo é mundo, o que anuncia non é un novo plan de reestruturación para rematar coa industria naval na cidade, é un Plan estratéxico! Isto é o que deben pensar o Alcalde presente e o pretérito. Ao Sr. Suárez preocúpalle máis que Cádiz non perda o encargo das corvetas Saudíes e ao Sr. Rey Varela, carente de imaxinación, seguir coa fraude dun Plan Ferrol que se por tal plan fose, esta cidade debería estar 20 veces reindustrializada desde 1999. Pero máis aló da complicidade de FeC, PP e PSOE con este deseño, o resto imos tolerar isto unha vez máis?

Barcos de papel

Te puede interesar