Apartheid

A economía derrubarase, os “listos” dirán que votar é antidemocrático e o Barça non xogará na Liga. A dominación visible censura sen careta: prohibe dicir, facer, ser e prohibe votar. A dominación invisible tenta convencerte de que a servidume é o teu sino: non se pode dicir, non se pode facer, non se pode ser e non se pode votar. Se crees que Cataluña non pode votar porque o referendo é ilegal ou se pensas que non o poden facer porque non hai “garantías” do mesmo Estado que lles prohibe facelo estas chegando á mesma conclusión. E síntoo, pero non fai falla ser nacionalista para pensar que un pobo ten dereito a votar, como non facía falla ser negro para censurar o Apartheid, chega con ser demócrata. 
Pero do mesmo modo que só os negros e negras podían rematar coa discriminación racial en Suráfrica, só sendo nacionalista se poden superar as condicións de dominio dun Estado sobre un pobo. E ao igual que derrubar o Apartheid non supuxo acabar co racismo no mundo, que Cataluña decida o seu futuro só implicará que nós poidamos escoller o noso se estamos decididos a facelo.
 

Apartheid

Te puede interesar