A última estación

aXunta vai pagar 80.000 euros por redactar un estudo para unha nova estación de tren e bus en Ferrol que deberá estar listo... adiviñen cando: o mes das eleccións municipais!
E o peor xa non é que Rey Varela pague a súa campaña electoral cos cartos dos galegos. 
O mesmo fixo o PSOE en 2011 con José Blanco á cabeza. O grave é que protexen a man que lles dá de comer tomándonos por parvos.
Porque que intermodalidade imos ter se saír da cidade en tren é imposible? Se as vías carecen do mínimo mantemento e hai taludes como o muro que cruza Santa Mariña, que calquera día leva alguén por diante porque o Alcalde de quenda non fai máis que andar con panos quentes con Madrid e o ADIF.
Que intermodalidade imos ter se o PP e FeC entregaron de novo as concesións de bus á mesma empresa á que o TS lle anulou a prórroga de Feijoó en 2009 e por riba mesturando transporte escolar con regular nunha cidade na que ir a Brión semella unha aventura interestelar.
Díganme entón como se atreven a falar de intermodalidade cando calan, xustifican e escusan que nos traten como unha colonia na que as empresas sacan todo que poden co consentimento dos gobernos até que todo fique ermo.

A última estación

Te puede interesar