A esquerda non existe

on os pais. E senón que lle pregunten a Pablo Iglesias, o ferrolán claro, polo novo ministro astronauta, socialista e obreiro que afirmou que a escola privada vai sempre por diante da pública. 
Tamén lle poderiamos preguntar ao chauvinista parisino Sartre que a pesar de todo denunciou a brutalidade e colonialismo francés en Alxeria que lle parece que o seu adiantado discípulo X. M. Beiras considere que os dereitos dos pobos son secundarios, o fundamental é a unidade popular. 
De que pobo? Iso xa é outro cantar. Porque semella que o galego non é suficientemente esquerdoso dentro deste éxtase de cambio revolucionario que están a vivir cidades como Ferrol que teñen que vir de Madrid a darnos leccións de marxismo para despois reproducir a política do PP. Mentres, como dixo Warren Buffet: “claro que hai loita de clases e os ricos imos gañando”. Pero tranquilos todos que na España das reformas laborais e pensións conxeladas goberna a esquerda e no Ferrol dos estaleiros pechados por orden ministerial e gobernos locais que entregan contratos millonarios a transnacionais goberna a esquerda, e ademais a radical. Mentres nós seguimos na loita desesperada por atopar unha terra firme onde agarrarnos que non queremos ver que a temos baixo os pés.

A esquerda non existe

Te puede interesar