“Vitoria, 3 de marzo”

A voráxine diaria fai que cada vez teñamos menos tempo para desfrutar dos praceres da vida. Por sorte, comparto a miña existencia cunha persoa sempre atenta a canto sucede ao noso arredor e que me arrastra, aínda esgotada, ao cinema, conferencias, concertos, viaxes... E así foi como –unha semana despois da estrea de película “Vitoria, 3 de marzo”– asistín ao seu visionado, sabedor el de que non botaría moito tempo en carteleira, como así foi. Eu descoñecía que iamos ver un filme baseado en feitos reais: a represión dunha folga xeral en Gazteiz en 1976. Tras varios meses de loita por unhas mellores condicións laborais, a mobilización rematou con cinco obreiros asasinados pola policía tras cercar a igrexa na que se atopaban reunidos e perpetrar un masacre. Escoitar as gravacións reais das conversas entre os axentes policiais, arrepía. Aínda máis saber que ninguén asumiu responsabilidades nin foi condenado por tales feitos. Saio do cine preguntándome por que non oíra nin vira nada ao respecto destes sucesos con anterioridade.

“Vitoria, 3 de marzo”

Te puede interesar