Virus perigosos

A veces no sabéis qué agotador es que la gente deje de pensar”, Jorge Javier dixit. Non é estraño que o hipercoñecido presentador de televisión emitise esta reflexión ao ter que lidiar -ninguén o obriga- cos ilustres persoeiros: concursantes e tertulianos, de Gran Hermano Vip. Programa ao que lle acaería mellor o título de “Chusta Vip”. Palabra que tomo prestada do sociolecto do meu benquerido alumnado mugardés. Pero os “chusta” que hai por calquera parte, non só na televisión, son froito do que se leva potenciando nos últimos anos, a ignorancia. Constatei que a xente nova non le, desde que me trasladei a vivir a un barrio cheo de mocidade onde non existen quioscos de prensa. Iso explica, en boa medida, a diminución da capacidade de comprensión e a redución do espírito crítico perante calquera tipo de información. Ao tempo que aumenta o número de ofendidos cuxos únicos argumentos de defensa son os berros e as descualificacións. Que as persoas deixen de pensar, á parte de ser agotador, é desolador. E este mal comeza a afectar tamén a xente de certa idade. Haberá andazo?

Virus perigosos

Te puede interesar