Violencias

Os portugueses non son moi dados aos “palavrões” no ámbito público, mais parece que fan acopio deles para soltalos todos xuntos cando van a un estadio de fútbol. Semella unha especie de catarse. É curioso comprobar como mentres no cinema lles producen certo abraio e risa os tacos dos filmes estranxeiros -que soen ser suavizados nos subtítulos- nas bancadas do terreo de xogo fan exhibición dun amplo repertorio propio. A semana pasada asistín no estadio do Braga ao encontro entre o equipo local e o Marítimo de Funchal. Alí recibín, da man dunhas fans bracarenses que xa hai tempo que cumpriron os 10 lustros, unha interesante clase de expresións insultantes que descoñecía. Afortunadamente, as persoas somos cada vez máis conscientes da necesidade de desterrar a violencia verbal do deporte. O que me sorprende é que asumamos con normalidade violencias maiores, como é o feito de pagarlle a un traballador 500 euros e cobrarlle ata por respirar. Talvez debamos reflexionar sobre isto.

 

Violencias

Te puede interesar