Os últimos de Filipinas

Aínda que xa tiña pensado ver este filme, as miñas expectativas sobre el mudaron despois de ver cinco minutos dun programa de TV que non lles recomendo. Nel vertíanse fortes críticas contra o obra do director Salvador Calvo por falta de patriotismo. Non sei se os tertulianos pensarán o mesmo das súas miniseries El padre de Caín e Lo que escondían sus ojos, pero seguro que si.  Tras o visionado non podo menos que admirarme do ben reflectida que está a evolución das persoas durante un conflito bélico. En toda guerra hai valentes que se volven covardes, covardes que se transforman, quen non ten nada que perder e, por suposto, desertores. No citado programa mesmo se abraiaban porque o cura consumía opio. Talvez sexa eu a que viva noutra realidade e todos os cregos e militares sexan seres que nunca se desvían do comportamento que algunhas persoas consideran exemplar, e menos en situacións extremas. En canto ó patriotismo, á parte do español, que o hai, vin moito patriotismo tagalo entre os que defendían a súa terra do invasor, ou ese terá outro nome?
 

Os últimos de Filipinas

Te puede interesar