Ser europeo

Xa sabía de vello que pecaba de inxenua, pero nunha recente viaxe á capital europea decateime de que o meu non ten remedio. De tanto escoitar na televisión que tiñamos que ser como Europa –entendida esta, claro está, como catro ou cinco países do centro e do norte– dei en idealizala, crendo que alí todo era perfecto e funcionaba ben. Que moito tiñamos que aprender. En viaxes anteriores a países europeos, algún en vías de deixar de selo, xa levara os meus desgustos, pero claro non eran a capital, pensaba eu. Así que despois duns días en Bruxelas vendo moita xente durmindo na rúa, sucidade por todas as partes, a moda de comer de pé ou nun banco pouco hixiénico -caso de encontrar algún, xa que escasean-, decidín que se iso é Europa eu non quero ser europea. Talvez sexa parte de Europa a que deba aspirar a ser coma nós -sabendo que hai moito que pode funcionar mellor-: comer sentados, repousar a comida e sobre todo non normalizar xamais a indiferenza ante quen vive na indixencia.

Ser europeo

Te puede interesar