Running

O home correu por instinto de supervivencia durante moito tempo. Actualmente é unha moda que conta cada día con máis adeptos e con máis denominacións, por suposto, estranxeiras. De correr pasamos a “facer footing”, de aí ao jogging e agora ao running, e todo isto acompañado de zapatillas deportivas adecuadas -de supinador, de pronador, con amortecedores variados...- e dun kit de roupa e complementos. Atrás quedaron o chándal cutre e a “riñonera”. Mais descoñezo se existe denominación para a moda de correr co can atado á cintura ou á bicicleta -nin sei se isto é bo-trato animal- pero desde logo aí hai un illó de mercado para calquera emprendedor: roupa deportiva para cans, podómetros, pulsímetros e, desde logo, rehabilitación fisioterapéutica para as lesións producidas polo empedrado das beirarrúas. Unha variedade deste deporte, pero xa non tan moderna, é a de correr enganchados á cinta do can, que está ben cando un non lle ve sentido ó feito de correr por correr, xa que o animal soe saber a onde vai ou de quen foxe.

Running

Te puede interesar