Roxos

u ben o coñezo, sei onde está e como pensa, pero é bo rapaz”. Escoitelle isto a un home de media idade mentres marchaba un dos contertulios dunha barra dun bar. Descoñezo a militancia do ausente, mais, polo que falaban, entendín  que se refería a que era comunista. E a frase deume que pensar. Pareceume que no seu subconsciente aniñaba iso de “roxo perigoso” que hoxe é difícil de entender. Por que ese medo ao comunismo e aos comunistas, se aquí nunca gobernaron, e non ao atroz capitalismo, cuxas consecuencias, en maior ou menor medida, padece unha boa parte da poboación. Será polo de “mellor malo coñecido que bo por coñecer”? É posible. Porque, non resultará máis preocupante ver como algúns ministros encomendan a resolución dos problemas a calquera santo ou santa ou cantan con orgullo e devoción “El novio de la muerte” ante o Cristo de la Legión? Pois parece que non. Que iso se vexa como normal obedece, sen dúbida, a unha mala educación e a unha interesada deficiente información. É dicir, a un planificado adoutrinamento. Ese que os nosos gobernantes denuncian noutros. 

Roxos

Te puede interesar